FAEPAC PREMIADA POLO ILUSTRE COLEXIO DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS DE GALICA

FOTO FALEXCO_4.jpg

O presidente de FAEPAC, Valentín González Formoso, recolleu o pasado venres 13 de abril, o premio Galicia de Enerxía, á Mellor Actuación de Sensibilización e Difusión en Materia Enerxética, concedido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, nun acto celebrado en Palexco.

Este galardón ven a recoñecer o traballo desenvolvido pola Fundación; por unha banda, no asesoramento aos concellos da provincia de A Coruña, en materia de control e medidas que contribúen ao aforro e eficiencia enerxética en instalacións públicas e, por outra, ás iniciativas realizadas na loita contra a pobreza enerxética.

As accións de FAEPAC supuxeron un aforro de preto de 1 millóns de euros na facturación dos concellos coruñeses e case 48.000 € a través do servizo gratuíto de asesoramento personalizado aos particulares da provincia sobre, factura eléctrica, aforro enerxético e bono social. Asemade, a fundación está a desenvolver 2 proxectos piloto na loita contra a pobreza enerxética en dous concellos da provincia, que se estenderá a outros dous concellos.

Ademais deste galardón tamén se concederon premios noutras categorías:

 

  • Comunicación en Materia Enerxética, ao xornal La Opinión de A Coruña, recollido por Manuel Barral, responsable da área de Economía da Opinión.
  • Mellor Proxecto Emprendedor, á Enxeñaría Flinq, polo proxecto Munic.
  • Mellor Proxecto de Iluminación, á empresa SETGA, polo proxecto Talo.
  • Mellor Proxecto de Innovación, á empresa Ecoforest geotermia, polo proxecto Gestor Energético Energy Manager.
  • Mellor Proxecto de Enerxías Renovables, á empresa Iberdrola, pola unidade de produción hidroeléctrica formada polas centrais de Santo Estevo e San Pedro.
  • Mellor Proxecto de Eficiencia Enerxética, á Universidade de Santiago de Compostela polo proxecto Enerwater.

GALERIA DE FOTOS

Artículo escrito por maite. 16-04-2018