Reunión informativa sobre a factura eléctrica e solicitude do bono social eléctrico en FUCOBUXÁN

19-6-2019 9.6.36 4.jpg

O 5 de xuño ás 19:00 celebrouse unha charla sobre a factura de electricidade e a solicitude de bonos sociais eléctricos nas instalacións da asociación cultural FUCO BUXÁN en Ferrol.

A xornada foi organizada pola asociación FUCO BUXÁN, ADICAE (consumidores críticos responsables e de apoio) e FAEPAC.

Durante a charla,  FAEPAC explicou os distintos termos da factura de electricidade, os tipos de tarifas, contratos, ... así como as posibilidades de aforro na contratación da subministración eléctrica

A segunda parte da charla, FAEPAC dedicouna a explicar o bono social eléctrico, a súa aplicación e as condicións e requisitos necesarios para ser beneficiario del.

O xornada foi de gran interese para os asistentes que participaron activamente na exposición das súas dúbidas, queixas e opinións sobre as condicións da contratación do subministro eléctrico.

FOTOS

Artículo escrito por maite. 18-06-2019