Subvencións para mellorar a eficiencia enerxética na industria

DíaMundial-de-la-Eficiencia-energética.jpg

SUBVENCIONES ANO 2019-2020 PROGRAMA ESTATAL DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN PEME E GRAN EMPRESA DO SECTOR INDUSTRIAL (PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INDUSTRIA EN GALICIA) INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Inicio solicitude: 12 de setembro de 2019 ás 9:00h
Fin solicitude: 31 de decembro de 2020

Resolución do 8 de agosto de 2019 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (Código de procedemento IN421V). (DOG do 22 de agosto do 2019).

Conceptos subvencionables

Medida 1: Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
Medida 2: Implantación de sistemas de xestión enerxética.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 100.000 euros por actuación para a Medida 1, Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais, e de 50.000 euros por actuación no caso da Medida 2, Implantación de sistemas de xestión enerxética. En ambos casos IVE non incluído.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.

Características das axudas

-    Orzamento: 16,1 M€.
-    Financiado co FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética) e co FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
-    Concorrencia non competitiva, asignándose os fondos por orde de chegada.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 12 de setembro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 31 de decembro de 2020. 

So se admite a presentación electrónica. Documentación obligatoria

Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Solicitude de axuda - Anexo I), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
- Autorización para a representación – Anexo II (salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital).
- Tres ofertas de distintos proveedores ou aló menos unha memoria xustificativa de que non existen no mercado máis provedores que produzan o equipo ou presten o servizo. 

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) Empresas que teñan a consideración de PEME ou Gran empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola División da 07 a 39, excluídas as que comecen pola División 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecementos permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia.
 
b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que aporten este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no apartado a), repercutindo en todo caso a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

Período de execución e xustificación actuacións subvencionables

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará en 24 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión. En casos excepcionais derivados de circunstancias imprevisibles debidamente xustificadas poderase ampliar o citado prazo ata un máximo de 30 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión. O prazo de execución das actuacións en ningún caso poderá exceder o 31 de decembro de 2023. 

A xustificación por parte dos destinatarios últimos da execución das actuacións obxecto de axuda deberá realizarse ante o órgano instrutor nun prazo máximo de tres meses dende a finalización do prazo máximo concedido para a execución das actuacións.

Contía máxima das axudas

A contía das axudas para cada unha das actuacións ven establecida no Anexo I do Real Decreto 263/2019, de 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial. A contía da axuda será o mínimo entre o 30 % do investimento elixible do proxecto e a cantidade que resulte de aplicar ao custo subvencionable o 35% para gran empresa, o 45% para mediana empresa e o 55% para pequena empresa.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 2.000.000 euros en aquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Na seguinte táboa establecese o valor máximo de axuda en función do aforro enerxético anual xustificado. 

Aforro enerxético anual Axuda máxima (€)
AE<500 tep/ano 1.000.000
AE≥500 tep/ano 2.000 x AE

Onde AE = Aforro enerxético anual en (tep/ano) xustificado en fase solicitude.

Máis información: http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2019/ficha_aforro2019_0005.html?idioma=gl

Artículo escrito por golpe. 29-08-2019