AFORRO ENERXÉTICO


icono formacionAFORRO ENERXÉTICO

O incremento do consumo de fontes de enerxía aumentou un 17% dende o período 1997 ó 2000, e a falta de datos actualizados, podemos prever que o consumo segue a alza. Este aumento de consumo leva consigo unha forte dependencia dos combustibles fósiles e do exterior, xa que a maioría dos combustibles fósiles son importados, ata o punto de que en España importase ata un 75% da enerxía que se consume. Á vista deste escenario, faise imprescindible unha concienciación xeral sobre o aforro da enerxía, e o seu consumo responsable. Para concienciarnos a todos, e darnos as pautas de conducta axeitadas para levar a cabo este aforro, tanto o IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro Energético), como o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), desenrolan campañas es estes aspectos. Recomendamos visita-la guía do aforro enerxético do Inega onde atoparemos cumprida información sobre o aforro enerxético. FAEPAC, na súa contribución ao fomento do aforro, elaborará unhas guías orientadas tanto ao sector doméstico coma as institucións públicas. Namentres non chega a súa publicación ofrecemos uns consellos sinxelos para por en práctica


icono formacionNA CASA

Consellos sinxelos fáciles de poñer en práctica para aforrar na casa.

Iluminación

O uso da iluminación e un dos puntos que máis inflúe na factura da electricidade, apague as luces cando non as precise, cambie as súas bombillas tradicionais por bombillas de baixo consumo, aínda que son máis caras, duran moito máis, o que fai rendible a súa compra.

A calefacción

É un dos elementos que máis enerxía consume no fogar. Debemos de manter unha temperatura de conforta axeitada, a temperatura de referencia anda polos 20º. Temperaturas máis altas fan que o consumo aumente considerablemente.

Electrodomésticos

O vídeo, DVD ou o sintonizador de televisión dixital, cando os apagamos co mando a distancia, en realidade non se apagan, se non que pasan a un modo de espera, polo que seguen a consumir enerxía, esta e a denominada "enerxía pantasma". Apaguémolos no interruptor, e así evitaremos un gasto de ó redor dun 3% de enerxía.
Se usamos vitrocerámica, é moi importante aproveita-la calor residual. Na cociña debemos de usar potas algo máis grandes co fogón no que as poñemos, a fin de aproveitar ben toda a calor dispoñíble.
Os fornos microondas son moi efectivos para quentar pequenas porcións de alimentos, xa que consumen entre un 30% e un 70% menos que os fornos convencionais.
A aspiradora consume moita máis enerxía, se traballa coa bolsa do lixo atascada, ou moi chea, e cos filtros en mal estado. Un mantemento axeitado destes puntos farán que a nosa aspiradora, funcione e consuma coma o primeiro día.
Os frigoríficos e conxeladores deben estar instalados en sitios ventilados, lonxe de fontes de calor. Temos que coida-lo estado das gomas das portas, xa que son as que garanten que o frío do interior se manteña.

Etiquetado enerxético:

é un sistema que establece a relación da enerxía que consume o electrodoméstico coa cantidade de traballo que desenrola. O etiquetado pretende ser unha vía de información que lle facilite ao usuario datos sobre o consumo, ruído, vida media, eficiencia en lavado ou secado. Os etiquetados, segundo o electrodoméstico en cuestión, van dende a letra A ( a máis eficiente ) ata a F.


icono formacionNOS EDIFICIOS PÚBLICOS

É moi importante substituí-los temporizadores, que regulan o alumeado das escaleiras, por detectores de presencia, ou instalar temporizadores por plantas, para que non se teñan que acender tódalas luces da escaleira, cando saímos do ascensor, en calquera planta. Tamén é moi eficiente colocar balastros electrónicos nas luces que teñen que botar acesas moitas horas, como as dos garaxes.


icono formacionNO SECTOR SERVIZOS


icono formacionMOBILIDADE

O xeito máis eficiente de aforrar é utilizando o transporte público e colectivo. Se temos que viaxar no noso automóbil, debemos de saber como é a rota que vamos a facer, para evitar atascos. En FAEPAC estamos a impartir cursos para que a conducción que facemos tódolos días sexa máis eficiente. En xeral os consellos que podemos dar son:
-Arranque o motor sen acelerar.
-Empece a conducción de seguido, sen esperar a que o motor quente.
-Use marchas largas.
-Aumente a distancia de seguridade.
-A poder ser, use biocombustibles.