Formación e accións de sensibilización ambiental orientadas a garantir a formación de traballadores e á cidadanía en xeral nos temas de eficiencia enerxética e enerxías renovábeis.
Sesión de formación
Alternativas na compra da enerxía eléctrica para a administración pública
- Pazo de Mariñan - Bergondo - A Coruña 7 de xuño 2018 -
Analizaremos as seguintes alternativas na compra da enerxía eléctrica:
Centros de compras. FEMP, REDEXGA EREN (Xunta de Castilla e León)
Dirixido a:
Empresas de servizos enerxéticos
Cando e onde:
Xoves. 07 de xuño 2018. 9: 00-13: 30
Pazo de Mariñan, Bergondo. A Coruña - Localización en Google Maps -
Formulario de inscrición: Inscrición
Programa da xornada: Programa
'Cambios Normativos na Contratación de Eficiencia Enerxética' Nova xornada organizada por FAEPAC e AMI, que terá lugar o día 18 de xuño, no Pazo de Mariñán, Bergondo.
Outros dos temas que se tratarán como parte do tema central, focalizado na contratación de eficiencia enerxética, serán “As Novas Filosofías da LCSP Sobre a Compra estratéxica”, a cargo de Elena Barba Pan, Secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do goberno autónomo de Galicia. Sobre “Oportunidades de Contratación de Servizos Enerxéticos no Ámbito Municipal” falarase na conferencia que ofrecerá Francisco Conesa, director de eficiencia enerxética de ACCIONA.
Tamén haberá unha intervención en relación a “As novas regras de Eurostat para a computación dos investimentos en EPCs”, a cargo de Francisco Javier Sigüenza, secretario de AMI. A segunda parte da xornada sobre a contratación de eficiencia enerxética, comezará co relatorio sobre “O Novo Modelo de Concesión de Servizos”, que desenvolverá Antonio de Marcos, director de contratación de FCC. Seguirá a esta “A nova norma UNE de Provedores de Servizos Enerxéticos”, a cargo de Juan Manuel García Sánchez, responsable de eficiencia enerxética da Asociación Española de Normalización , AENOR.
Luís Jaime Rodríguez Fernández, Xefe do servizo de patrimonio e contratación da deputación provincial da Coruña analizará no seu relatorio “Aspectos Sociais e Medio ambientais nos Contratos de Servizos Enerxéticos” As novas esixencias que a actual LCSP introduce en relación a estes temas.
Pechará a xornada a exposición de Marta Gudiol, xefa da unidade de eficiencia enerxética do Instituto Catalán da Enerxía, ICAEN, que nos presentará a “Guía de Contratación dos Servizos Enerxéticos en Garantías de Aforro”, e as boas practicas neste fin.
Ao final da xornada abrirase un coloquio cos asistentes.
Rexistro: Formulario Incrición
Programa: Descargar Programa