FAEPAC LEVA A DEBATE AS ALTERNATIVAS DA COMPRA DE ELECTRICIDADE NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

presidencia_faepac_005.jpg

Onte realizouse no Pazo de Mariñán a xornada "Alternativas na compra de enerxía eléctrica para a Administración Pública". Analizáronse diferentes opcións de compra usadas actualmente, a fin de  ter unha visión xeral do mercado e escoller a mellor solución para cada caso. Durante toda a mañá comentáronse as diferentes alternativas:

  • Operación do mercado eléctrico. Rede Eléctrica de España
  • Compra clásica. Comercializadores - Procesos de licitación
  • Mercado Regulamentado da electricidade. Como afecta na administración pública
  • Compra directa en el mercado mayorista OMIE. Consumidor directo de mercado.
  • Centrales de compras. FEMP, REDEXGA EREN (Xunta de Castilla e León)

    O día contou con varios representantes da Administración: Interventores / secretarios municipais, Servicio municipal de contratación, cargos políticos, administrativos, director de compras, empresas de servizos enerxéticos, ...

GALERIA DE FOTOS

Artículo escrito por maite. 08-06-2018