PREMIOS CONAMA 2018

CONAMA 2018.jpg

Dende o 1 de xuño ata o 2 de novembro de 2018, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para os premios CONAMA 2018. Este premio recoñece os mellores proxectos para a sostibilidade nos municipios españois. Son concedidos pola Fundación CONAMA, unha entidade independente que organiza o Congreso Nacional do Medio Ambiente.

Establécense dúas modalidades atendendo ao censo total de poboación que teñan as entidades participantes. En cada modalidad concederase un premio principal e dous accésit. Estas modalidades son:

  • Menos de 5.000 habitantes.
  • Entre 5.000 e 30.000 habitantes, ambos inclusive.

As candidaturas serán de proxectos, postos en marcha ou rematados completamente, que estean relacionados co medio ambiente ou o desenvolvemento sostible que contemplen algunha das siguintes temáticas:

  • Auga e calidade ambiental.
  • Conservación e xestión forestal.
  • Economía e emprego.
  • Enerxía e cambio climático.
  • Infraestructuras e mobilidade.
  • Sociedade, igualdade e participación.

Para máis información seguir a seguinte ligazón CONAMA 2018

Artículo escrito por maite. 22-10-2018