O Consello de Ministros aprobou a Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á crise sanitaria do coronavirus que provocou a declaración do estado de alarma mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.
O novo paquete de medidas trata de garantir as subministracións básicas a máis fogares. Así, amplíase o colectivo de potenciais perceptores do bono social eléctrico, como os autónomos que cesen a súa actividade ou vexan reducidos os seus ingresos en máis dun 75%.
Ademais, nun contexto no que, por unha maior permanencia no fogar derivada das medidas de contención e polo desenvolvemento no mesmo de actividades profesionais que, normalmente, realízanse fóra da vivenda habitual, establécense medidas para garantir a continuidade das subministracións enerxéticas e de auga no fogar, prohibíndose a súa suspensión por motivos distintos á seguridade da subministración. Ademais o período durante o que estea en vigor o estado de alarma non computará a efectos dos prazos dos procedementos de suspensión da subministración iniciados con anterioridade. Resumimos de forma esquemática as medidas contidas neste Real Decreto- Lei:
1 Flexibilización dos contratos de subministración de electricidade para empresas e persoas autónomas.(Artigo 42)
1.1 Poderán suspender temporalmente ou modificar os contratos de subministración eléctrica para adaptalos ás novas pautas de consumos, sen que se cobre ningunha penalización.
1.2 Finalizado o Estado de Alarma, no prazo de 3 meses, a persoa consumidora que solicitara a suspensión do seu contrato de subministración eléctrica poderá solicitar a súa reactivación.
1.3 As reactivacións e as modificacións dos contratos faranse nun prazo máximo de 5 días naturais e sen que repercuta algún custe, salvo que:
1.3.1 Se incrementase a potencia por encima da contratada antes do inicio do Estado de Alarma
1.3.2 Se teñan que supervisar instalacións cedidas
1.3.3 No caso de que fose necesario o cambio dos equipos de medida.
2 Suspensión de facturas de electricidade, gas natural e produtos derivados do petróleo (Artigo 44)
2.1 Mentres estea en vigor o Estado de Alarma, persoas autónomas e Pemes poderán solicitar a suspensión do pago das facturas dos puntos de subministración eléctrica da súa titularidade, que correspondan a períodos de facturación que conteñan días integrados no Estado de Alarma.
2.2 Finalizado o Estado de Alarma as cantidades pendentes de pago regularizaranse a partes iguais nos seguintes 6 meses.
2.3 As persoas autónomas e Pemes que se acollan á suspensión da facturación non se poderán cambiar de comercializadora de electricidade mentres non se complete a regularización.
3 Dereito ao Bono Social por parte das persoas traballadoras autónomas que cesaran a súa actividade ou reduciran a súa facturación como consecuencia do COVID-19. (Artigo 28)
3.1 As persoas traballadoras autónomas poderán solicitar o Bono Social para a súa vivenda habitual si a súa facturación se vise reducida un 75% en relación coa media da facturación do semestre anterior.
3.2 Para solicitar o Bono Social débese cubrir o Anexo IV desta Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.
3.3 Non se poderá continuar co Bono Social unha vez deixe de cumprirse a condición anterior. Neste caso a persoa traballadora autónoma deberá de comunicarllo á comercializadora de referencia para que lle comunique a data final da aplicación do Bono Social.
As novas medidas súmanse ás xa adoptadas a través da Real Decreto-lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública; a Real Decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder o impacto económico do COVID-19; a Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19; a Real Decreto-lei 9/2020, do 27 de marzo, polo que se adoptan medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados do COVID-19
Si tes algunha dúbida sobre estas medidas ou queres aplicar algunha delas, podes contactar connosco nas seguintes canles de comunicación:
687 568 009
info@faepac.gal